Nun lugar moi afastado, no que aínda existían as meigas, vivía Dª Brunilda que facía que todo o ano fose inverno.
Ela tiña dúas mascotas: o corvo Luís e o corvo Anxo.
Mais unha noite oíu un ruído. O causante do ruído era o que, a partir daquel día seria a súa nova mascota. Era un morcego ao que a bruxa ía chamar Bruno.
No lugar onde vivía a meiga so había animais , pero todos eles querían conseguir que a meiga deisaxe pasar o inverno.
En realidade, as tres mascotas eran uns animais correntes, pero o resto dos animais mandárannos para que conseguiran, por primeira vez en recen cumplidos 100 anos, pasara o inverno.
A casa da meiga Brunilda era en medio dun bosque. Era nun eucalipto moi ancho. No interior había unha cociña; o lado da cociña había unha escaleira de caracol que percorría a casa de Brunilda de arriba a abaixo.
Cada día , os tres infiltrados colábanse no cuarto da meiga para buscar a máis mínima pista do conxuro que a meiga empleaba para que o inverno fose interminable. Para que a meiga non sospeitase deles a búsquea de pistas efectuábase na hora da sesta.
A meiga Brunilda non sospeitaba deles ata que un día os atopou fisgoneando no seu libro de conxuros. Dende aquel día, a meiga non durmía a sesta por se acaso as súas mascotas facían algo que non lle gustase.
Os infiltrados non sabían que a meiga sospeitaba deles, polo que un día a meiga lles pillou coasmans na masa. Cando viron á meiga espiándolles intentaron disimular pero a meiga Brunilda non lles creu.
Brunilda colleu as que agora xa non ían ser as súas mascotas e meteunas nunhas gaiolas.
A meiga tiña pensado soltalos pero os animais que viron os seus amigos encerrados nas gaiolasreforzos.
Os animais pensaron que a meiga ía comer os seus enviados polo que idearon un plan. O xefe destes animais era, aínda que pareza incrible, un esquío, que por moi inofensiva que parecese, era o animal máis forte, listo e sobre todo astuto de toda a rexión.
O plan non serviu de nada, dado que cando chegaron a casa da meiga Brunilda xa non estaban. Parece ser que esta leváraos a un sitio lonxano no que eles non habían estado nunca para que estes infiltrados non volveran á súa casa a fisgonear. Mestres tanto os animais tiñan atada a bruxa e a estaban interrogando. Resulta que non era meiga a que facía que o inverno fose interminable, senón que o culpable era o clima do lugar, dado que estaban no lugar máis frío de Europa., pero os animais non o sabían.
A tarefa de interrogarera??? para o tradutor do bosque, un loro ó que abandonaron e levaron a este bosque, onde sobreviviu ata entón gracias ós seus coñecementos de idiomas. Preguntouonde estaban os seus amigos, e a meiga lles levou ata eles.
O rei desconfiaba dela polo fácil que fora convencerlle para que os levase ata os seus amigos.
Ao chegar ó lugar encotráronse os seus amigos. mal interpretaron a situación e foron buscar