Visita a Vigo

No día 31 de Xaneiro ás 9:15 baixamos as escaleiras a fume de carozo e fomos até o autobús; nun autobús foi 6º e noutro 5º.
Nós fomos nun autobús que estaba bastante ben, pero facía moita calor. Fómonos pondo de adiante cara a atrás.
Iamos escoitando música e ás veces nos puñámonos a gritar, por exemplo:
"Chema fíxose pis no saco de durmir! Quen eu? Se ti!
Eu non fun!Entón quen?"E así bastante tempo, despois chegamos a Vigo. Cando baixamos do autobús estábamos no centro comercial A Laxe, subimos ao alto do edificio.
*Genoveva, a profesora de 6ºA nos describía a paisaxe e nos informaba. Cando volvemos baixar pasamos por unha ponte e avistamos uns paneis que falan de monumentos e persoas importantes! Acabamos de ler os paneis e paseamos pola zona vella de Vigo (a parte máis antiga) onde vimos algúns dos monumentos por exemplo a Contatedral e o Sireno.
Cansados de *camiñar fomos á praza Alameda a *merendar e descansar *onde atopámonos cos nosos compañeiros de 5º.
Finalmente cando acabamos de descansar e comer dirixímonos ao gran obxectivo da visita: ver "O Humor na Opéra" na Novacaixagalicia!
Entramos no teatro e sentámonos por diante. Esperamos un pouco e .......... Bum! Alí estaban a cantar a pleno pulmón!
Pareceume bastante bonito pero MOI difícil, do cal creo que se dedicaron moito tempo.
Cando acabou escoitáronse moitos aplausos e volvemos ao autobús para ir outra vez ao cole.