6º VAI A PISCINA !

O día 1 de Abril empezamos a ir á piscina de Ramallosa, non todos van por iso fan 1 hora de teoría e 1 hora de práctica.

Nós, que imos a piscina, na hora de recreo subimos para a pista , pero ,cando toca o timbre baixamos correndo.

No autobús sempre hai unha certa disputa polas cadeiras de atrás (porque hai 5 cadeiras).Polo camiño imos charlando cos compañeiros de á beira.

Cando chegamos unha moza que está na recepción déixanos pasar e separámonos, mozas para un lado, mozos para o outro. Estando xa todas listas saímos do vestiario e imos á piscina.

Só entramos cando chega os nosos profesores (hai 2, unha para os que saben nadar e outro para os que non nadan tan ben) por iso esperamos un pouquiño e dános tempo de ver a xente en canto nada.

Eu son do grupo do profesor que 1º nos manda quentar e logo facemos xogos, son moi divertidos (os xogos claro, porque o quecemento é moi duro; ou polo menos para o min)

No outro día nós saímos coa nosa ja,ja!Tiramos ao profe!Que doutra vez mandounos tirar a outro profesor, que nas demais clases non apareceu para darlle clases ao outro grupo, entón veu esta profe.

Bueno, ao final destas clases tan aventuradas volvémonos a cambiar e imos para fora esperando os demais, cando chegan, ímonos outra vez ao autobús.

Por fin chegamos ao cole ,vemos os demais compañeiros e así se acaba a nosa aventura de ir a piscina cada venres!