Saída ao Pro Val.

O día 27 de Abril de 2011 as 12:40 despois de facer a obra dos "Tres porquiños", fomos no autobús a visitar o instituto IES Pro Val porque nesta semana da ciencia había unha mostra de experimentos.
Nada máis chegar, atravesamos un xardín que daba ao final do aparcamento, onde nos ensinaron un experimento que consistía no ascenso a uns 15 metros dun foguete de botellas de refresco.E dicir, observamos como se facía un foguete con algo tan simple como auga, un compresor de aire e 4 botellas de plástico.

Sobre as 12:50 entramos nunha sala onde nos explicaron varios experimentos: o primeiro que vimos foi un que puñan nunha oveira tres ovos, unha lamina de metal por enriba dos ovos e unha botella de 5 litros enriba da lamina era incrible que aguantasen os ovos tanto peso. Pero dixéronnos que era por a forma ovalada dos ovos .. Persoalmente o que máis me gustou a min, Domingo, foi unha bola de plasma que xe a tocabas dirixíase cara a ti.
A min, Tati, o que máis me foi un que tiña unha bola de cristal e se a tocabas dábache calembures.
Eran todos impresionantes!!
Por último, logo de ver todos os experimentos volteamos de novo ó autobús e ao colexio nun abrir e pechar de ollos.
Na miña opinión( Roi), esta excursión foi moi acertada e deberíase repetir con tódolos rapaces que cheguen a 6º de primaria. É educativa e divertida.
En resumo, un gran acerto en canto a excursións. Gracias a esta excursión teño unha vista previa do instituto ó que vou ir.

.